Site icon Crónica3.com A Mariña

Suárez Barcia critica os cortes rexistrados esta mañá no subministro eléctrico. O alcalde sinala que “o prezo da luz segue a subir neste país, pero o servizo que se presta é moi deficitario”.

Ribadeo, 30 de xaneiro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, critica os cortes rexistrados esta mañá no subministro eléctrico.

O rexedor conta que “foron varios os veciños que se puxeron en contacto con este Concello para advertirnos desta situación. Houbo unha parte de Ribadeo na que se produciron dous ou tres cortes no subministro eléctrico esta mañá”.

Para Fernando Suárez “é inadmisible que se produzan estas anomalías cando temos un pouco de vento ou incluso cando non se move unha folla. A diario recibimos queixas de veciños, de comerciantes, de hosteleiros… de micro cortes de luz e das consecuencias que iso leva aparelladas, como aparatos eléctricos que se estragan continuamente”.

O alcalde ribadense agarda que “estas incidencias deixen de producirse e que poidamos contar cun servizo acorde co século no que nos atopamos. O prezo da luz segue a subir neste país, pero o servizo que se ofrece é moi deficitario”.

Exit mobile version