Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal do BNG de Mondoñedo celebra que o goberno do partido popular apoiase a súa iniciativa para que as empresas eléctricas e de gas paguen pola ocupación do dominio público local

Mondoñedo, 30 de xaneiro do 2017. O voceiro do BNG, Eloi Cabanas, aclara que “o noso grupo vai estudar o último borrador de ordenanza que Elena Candia nos entregou o pasado venres”, logo de que a primeira proposta a consideraran incompleta por non recoller a parte aprobada polas sentenzas recentes do Tribunal Supremo. O edil do BNG espera agora que a nova proposta de ordenanza poda ser validada no vindeiro pleno ordinario do mes de febreiro.

“Pensamos que a nosa iniciativa xerará unha importante fonte de ingresos e que pode servir para mellorar os servizos públicos que presta o noso concello”.

O portavoz nacionalista anuncia que o BNG vai presentar en tódolos concellos, onde ten representación, unha moción nesta liña para que as empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica e gas pagen unha taxa polo aproveitamento do dominio público local. Así que espera que a moción sexa aceptada de igual grado no resto dos concellos onde se presente.

Eloi Cabanas, congratúlase de que as propostas do grupo do BNG sexan aceptadas e sirvan para marcar o rumbo do goberno de Elena Candia e apunta que, “outras mocións xa presentadas como a relativa á reforma do IBI ou á implantación de novos Ciclos Formativos na localidade tamén foron ben acollidas”.

Exit mobile version