Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo fai un importante esforzo económico e de xestión para garantir o bo funcionamento do G.E.S.

280117 Balance GESCervo, 28 de xaneiro de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, mantivo un encontro cos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (G.E.S.) para facer unha valoración sobre a actividade deste servizo municipal ao longo do ano 2016.

Dese xeito, Villares destacou “o especial empeño que se está a poñer dende este Concello para ofrecer un servizo coa maior calidade posible, facendo unha importante labor de xestión e exercendo o papel de mediador coas diferentes Administracións, para que, deste xeito, o G.E.S. estea cada vez máis profesionalizado e conte cos medios axeitados para garantir a eficiencia dunha prestación, ao servizo dos veciños de Cervo e de boa parte da Mariña”. E este traballo de xestión –engadiu- “vén da man dun notable esforzo económico xa que, ano tras ano, o Concello destina unha importante partida do presuposto de tódolos cervenses para que este servizo se preste con absoluta eficiencia”.

De feito, durante o ano 2016 o GES de Cervo veu reforzado os seus medios cun novo equipo de excarceración, un vehículo todoterreo e unha nova motobomba, que a Xunta de Galicia puxo a disposición do Concello.

En cifras globais, o G.E.S. de Cervo realizou un total de 952 actuacións no pasado exercicio.

Para o alcalde “estas cifras poñen de manifesto a importancia de contar cun servizo coma este no noso municipio, permanentemente dispoñible para atender calquera emerxencia que se produza na contorna”.

As actuacións de emerxencia máis numerosas, en función do tipo de incidencia, durante o exercicio 2016 foron:

Actividade Intervencións

Accidentes Tráfico, hai que lamentar 5 excarcelacións. 341
Colaboración en Eventos Deportivos 11
Colaboración con Eventos de Ocio 43
Accidentes Laborais 2
Incendios (16 foron en zona urbana) 29
Asistencia Sanitaria 14
Busca de Persoas Desaparecidas 7
Vertidos Medioambientales 20
Animais Feridos ou Mortos 80
Retirada de Enxames de Avespas Velutinas 350
Outras Intervencións 55

O G.E.S atendeu durante o ano 2016 preto de 400 emerxencias no Concello de Cervo.

Ademais, tamén presta os seus servizos a outros 5 municipios da comarca da Mariña. Así, por concellos, en Alfoz interviron 81 veces, en Burela 139, en Foz 126, no Valadouro 110 e en Xove tiveron 143 incidencias.

Exit mobile version