O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, nacía no ano 2000 co obxectivo de achegar o teatro afeccionado á Mariña. Durante a súa traxectoria ten representado máis dunha ducia de obras. Hai un ano poñía sobre as táboas Sen seu amor e agora chega con este título, Si o sei, non volvo á casa.
A función está organizada pola Concellería de Cultura e pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.