Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela valora de xeito moi positivo as I xornadas tecnolóxicas que se celebran este luns no auditorio e nas que participan arredor de 550 alumnos de centros de toda a provincia e da Coruña

160117 Foto inauguración xornadas Burela Burela, 16 de xaneiro de 2017.- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, fai unha valoración moi positiva das I Xornadas Tecnolóxicas que se están a celebrar no auditorio municipal durante todo o día de hoxe. Arredor de 550 estudantes chegados de centros de toda a provincia e tamén da Coruña, participan nesta cita que o rexedor agarda que teña continuidade, e que con carácter anual siga a celebrarse en Burela.

Para Alfredo Llano “é unha grande satisfacción para o Concello de Burela, e para min persoalmente, que se celebre no noso auditorio as I Xornadas Tecnolóxicas sobre novas tecnoloxías. Se abordan tres temas importantísimos como son hoxe en día as impresoras en tres dimensións, a robótica e os drons”.

O rexedor burelés considera que “é algo que hai que achegar á xente. En principio está enfocado para que todo o mundo que queira saber algo do tema poida achegarse ao auditorio, atender alí as prácticas e realizar os obradoiros, pero tamén vai moi enfocado á xente que agora mesmo está estudando formación profesional e sobre todo na rama industrial. Esta mañá puiden comprobar había moito alumnado de diferentes centros de toda a provincia de Lugo e incluso de fora”.

Llano pensa que “é unha iniciativa extraordinaria para contrastar e saber algo máis do que se traballa nas novas tecnoloxías, na repercusión social e laboral que poden ter. Estas xornadas penso que marcarán o inicio de algo que queremos que se alongue no tempo e que se celebren todos os anos en Burela”.

O alcalde quere “felicitar a Luis Pardo que foi un dos iniciadores, e a Concello de Burela tamén a través de José Díaz. Penso que estas xornadas van repercutir na vocación, na forma de ver as cousas de moita xente nova que está agora mesmo tratando de facerse profesional precisamente neste campo”.
Alfredo Llano asegurou que “é unha boa iniciativa e imos apoiala como debe ser desde o Concello para que siga a ser unha realidade durante moito tempo”.

O alcalde, o concelleiro de Educación, José Díaz, e Luis Pardo, de APP Informática foron os encargados de inaugurar as xornadas a primeira hora da mañá.

Exit mobile version