Cervo, 27 de Xaneiro de 2016 – No derradeiro día da semana as directivas dos doús colexios do concello cervense, o de Cervo e o de San Ciprián, prepararon para os máis pequenos unha sorpresa. A Asociación Cultural Arroutados e a Asociación de Artes Marciales Orientales de la Mariña levaron a ambos colexios unha demostración de Artes Marciais, concretamente de Nihon TaiJitsu, que fixo as delicias dos máis cativos, e é que a espectacularidade de esta modalidade na que se fan proxección, caídas, e distintas técnicas de defensa personal, arrincou ovacións e vítores entre os pícaros, que unha vez finalizada amosaron as ganas e a ilusión coa que acolleron a iniciativa. Joel Romero, subcampión de España da modalidade, e Marcos G.V. presidente da asociación cultural e compañeiro de adestramento de Joel, quixeron destacar a enorme ilusión que lles fai participar neste tipo de actividade “para nós ver que os nenos e nenas pásano ben, que lles gusta e que se ríen é dunha enorme satisfacción e é o mellor que nos pode pasar” tamén quixeron agradecer ás directivas de ambos colexios o trato agradable co que sempre son recibidos “é moi de agradecer encontrarse cuns mestres que sempre están dispostos a escoitar as propostas que lles traemos, e ver que podemos axudar e aportar o noso pequeno grao de area na educación dos máis pequenos”. Ambas asociacións queren aproveitar para que todos aqueles colexios e institutos que lles apetezca contar con esta iniciativa de carácter gratuito se poñan en contacto con elas a través da dirección de correo electrónico asociación.arroutados@gmail.com ou a través da páxina www.budogalicia.es e así poder entreter aos seús alumnos e a vez dar a coñecer esta arte macial basada na defensa persoal