Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos Erasmus do IES de Foz

Dende o 1 de febreiro ata o 2 de marzo, seis alumnos do IES de Foz desprazaránse a Potenza (Basilicata) en Italia para realizar un periodo de prácticas en empresas da cidade.
Esta mobilidade está enmarcada dentro da beca de alumnado Erasmus + do programa KA102 “Abrindo oportunidades”, concedido ao instituto no mes de xuño.
Trátase dun grupo de seis alumnos recén titulados, dos Ciclos Medios de Cociña e Gastronomía e Servizos de Restauración. En Italia realizarán prácticas de cociña e servizo en restaurantes típicos da rexión onde poderán aprender as técnicas propias da cociña italiana e coñecer de cerca o produto do país.
Dispoñen dunha beca de 275 euros para desprazamento e 1156 euros para a estadía. O obxectivo desta actividade é principalmente o de aumentar a súa empregabilidade e mellorar as súas perspectivas profesionais, ademais de mellorar a autocapacitación e autoestima, os coñecementos de lingua italiana e ampliar a súa concienciación intercultural.

Exit mobile version