Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta ao castro de Zoñan da AD Salto do Coro

A Asociación Salto do Coro de Mondoñedo organizaba este sábado en Mondoñedo unha nova ruta, esta vez ao Castro de Zoñán, onde participaron membros da Asociación Deportiva, alumnos das escolas e público en xeral.

Estas actividades enmárcanse dentro da colaboración que a Asociación Salto do Coro ten coa empresa INGETEAM de Albacete con empregados na zona e onde se busca a través desta colaboración que os empregados se integren nas actividades da Asociación.

Xa se organizara outra ruta de sendeirismo ao Salto do Coro en Mondoñedo e organizarase estas navidades un campamento urbano en Mondoñedo do 26 a 30 en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Exit mobile version