Rematou o pasado venres o Campañazo de novembro, organizado polo Centro Comercial Aberto de Foz, que repartiu durante todo o mes un total de 2.400 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Montserrat foi a última afortunada en cantar o Campañazo o pasado 25 de novembro. Fíxoo na cafetería Express, ata onde se desprazou nas últimas horas para recoller o seu agasallo: 300 euros en vales de compra, que lle foron entregados pola secretaria de Acia Foz, Olaya Pedrosa. Outras 9 persoas resultaron premiadas no último Campañazo de novembro de 2016, unha cita consolidada entre os comercios, locais hostaleiros e entre os seus clientes.