Site icon Crónica3.com A Mariña

Refugio Tapería O Castro reabre despois dunha importante remodelación

taperia-castroBarreiros, 1 de decembro de 2016. O establecemento hostaleiro Refuxio Tapería O Castro, de Barreiros, reabre este venres 2 de decembro a partir das 19.00 horas despois dunha importante remodelación das súas instalacións, que afectou sobre todo as fachadas e á cociña.

As fachadas do inmoble estrean illamento térmico e unha imaxe totalmente renovada, mentres que a cociña foi ampliada e dotada con novo equipamento.

A partir deste venres Refuxio Tapería O Castro abrirá todos os fins de semana, de venres a domingos, e a próxima semana enteira, debido ás pontes. A partir de Semana Santa estará aberto todos os días.

Ademais este venres renova os Venres de Tapeo, nos que se ofrecen elaboracións especiais creadas pola xefa de cociña, Mailén Escobar, para as que se manterá o mesmo prezo que en tempadas anteriores: 1,50 euros por tapa.

En Refuxio Tapería O Castro a planta baixa está dedicada a cervecería, cafetería e restaurante, que ten unha terraza cuberta con espectaculares vistas ao mar. En total conta con capacidade para 180 comensais e ofrece unha ampla e variada carta.

O espazo destinado a aloxamento dispón de habitacións individuais, dobres e triplos, todas elas decoradas con impresionantes fotografías da Costa lucense e que contan con terraza privada, ducha de hidromasaxe e aire acondicionado, entre outros servizos. Tamén ten unha suite, dotada con bañeira de hidromasaxe, dúas terrazas (unha con vistas ao mar a e outra á montaña) e cama king size. Para acceder ao hotel dispón de ascensor e nas inmediacións do establecemento hai unha ampla zona para aparcadoiro de vehículos.

Refuxio Tapería O Castro está situado en primeira liña de praia, concretamente en pleno paseo marítimo do areal de Fontela-Valea, formidable praia da parroquia barreirense de San Pedro de Benquerencia.

Exit mobile version