Os traballos consisten en cubrir o patio e cambiarlle o pavimento, e tamén se adquiriron mobiliario, material didáctico e xogos para os nenos e nenas.
O investimento ascende a máis de 27.000 euros. O Concello conta cunha subvención da Consellería de Política Social e está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Por outra banda, estes días colocouse unha caldeira de biomasa nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, proxecto financiado polo INEGA, a través dunha subvención para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.