Site icon Crónica3.com A Mariña

O Bordelo representa ‘Xubilando’ en Burela

A Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela presenta, ao Grupo de Teatro O Bordelo de Cervo, coa obra “Xubilando”, dentro do ciclo de teatro afeccionado de outono.

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela, ás 21:00 horas do vindeiro venres, 2 de decembro, a entrada será libre e para tódolos públicos.

“Xubilando” é unha comedia actual escrita por Francisco Piñeiro e representada por Mª Paz Rodriguez Silva, Mª Dolores Viamonte Rey, Xosé Manuel González Villares e Xosé Vicente Mon Canoura.

Nunha viaxe retranqueira polo espazo contextualizado da Mariña Lucense degráñanse diferentes modos e xeitos esperpénticos de levar a vida, pinceladas de filosofía popular con intención de nos liberar do asedio dos problemas reais.

“Xubilando”, comedia na que se reflicten en forma cómica diversos problemas que preocupan actualmente a moitos cidadáns e que son comparables ás lendas e tradicións que noutros momentos históricos causaron inquedanzas na sociedade galega.

Exit mobile version