Site icon Crónica3.com A Mariña

LEXISLATURA 2016-2020. A do novo Estatuto de Galicia?

Compromiso por Galicia, nesta última campaña tíñao claro, este para nos, tiña que ser, o período de goberno que xestára un novo Estatuto para as galegas e galegos dos vindeiro 20 anos.

Tiña e ten que ser a lexislatura do cambio de ferramenta de construción do noso País, pois iso é un Estatuto, a caixa de ferramentas da sociedade para construír o modelo de convivencia no marco territorial de este País que é Galicia.

Falamos moito os políticos de I+D+I, de industria, de TIC, de futuro, de progreso e permitimos pasivamente ter o medio de transformación principal sen cambios dende o 6 de abril de 1981. Moito cambiou a vida dende 1981, ano no que eu escomenzaba a educación.

Alguén pode imaxinar un taller sen ferramentas de control numérico, un arquitecto sen ordenador e programas de debuxo, un mecánico sen Check-control, un taxista sen GPS, unha casa sen lavadora … pois así esta Galicia, temos un Goberno con un coche de 1981, a quen lle cola pois, que o Presidente da xunta poida ser un bo xestor, acaso gañaría Alonso un mundial co coche de Nelson Piquet?

Non é capricho, é preciso. Non é política e senso común. Non é prescindible é necesario. Galicia precisa un Estatuto moderno, resolutivo e que esteña en consonancia coa realidade do País. Por que senón o goberno da Xunta e simplemente un administrador e non un xestor.

NOVO ESTATUTO DE GALICIA, XA!!! Aplicación do artigo 56 do actual XA.

Isto é o preciso, os despachos grandes, choferes, independencia, pleitesia a Madrid non van con CxG.

Piñeiro Docampo.

Exit mobile version