En pleno mes de Nadal, gozamos dunha fermosa e soleada tarde no campo de fútbol da Faxarda, donde con un gran ambientazo, se desenrrolou a X edición do torneo do Galo, quinta xornada da LNB NorLestes e derradeira do ano.
Mais de medio cento de palanadores da conferencia NorLeste se deron cita na loita polo mítico Galo da LNB, que mais unha volta foi facilitado por “Mondoñedo”, o entusiasta colaborador carnavaleiro-palanador que ainda que desta volta non puido participar na loita, sí dispuxo dun anaco para facerse presente na entrega de premios os gañadores.
Co gallo de dinamizar o xogo, dispuxéronse tres pistas simultaneas que, por riba de dar mais axilidade o xogo, lle deron tamén maior vistosidade. Un grandioso espectáculo visto dende fora polos moitos xiareiros que se achegaron a disfrutar do evento e unha titánica pero deportiva loita vista dende dentro do campo de xogo.
O terrero, en perfectas condicións cando deu comezo a loita, a medida que a tarde iba morrendo, agromaba paseniño a xeada que se faia dona do chan, voltándolo mais blando e esbaradizo o tempo que facia unha chamada aos palanadores para que foran retomando as chaquetas que alegremente desbotaran un anaco antes.
Nunha tarde mui parella en xogo, cabe salientar a cuasiperfecta actuación de Santi dos “Carabullo” que se impuxo no aberto, gañando vintecatro dos vintecinco puntos en xogo.
Na parte negativa, o xuvenil Rubén de “Billardeiros Musicais” tivo unha xornada moi cativeira con erros inesperados que o fixeron perder bastantes puntos, nembargantes a marxe que tiña, abonda parta mantelo ainda ao fronte da clasificación xeral.
Para o segundo e terceiro posto, houbo empate entre Noé de “Troitas Bravas” e Daniel de “Billardeiors Musicais” a vinteún puntos. Nas carreiras de desempate foi o da Pontenova quen se levou a mellor parte relegando o actual Campión da Conferencia o terceiro posto.
En donas Geni de “Billardeiros Musicais” foi a primeira por riba de Lucia de “Remourelle Bulls” e Irea de “Carabullo”.
En canto a equipos, a boa actuación dos “Carabullo”, levounos a acadar o primeiro posto da xornada. Desta volta os mariñans “Billardeiros Musicais” víronse superados polo empuxe dos da Chaira e quedaron no segundo posto.
Ao remate da xornada, presentouse mais unha volta o noso “Apalpador” particular que xunto a Mondoñedo, se fixeron cargo da entrega de premios:
Para Santi, o gañador do aberto un fermoso galo e uns doces de Nadal.
Doces tamen para Noé e Daniel como segundo e terceiro e para o equipo gañador da xornada, os “Carabullo”. Parabén a todos e billarda sempre.
As clasificacións quedan asi:
Absoluta
1º Rubén (Billardeiros Musicais) 94 p.
2º Manu Pozo (Billardeiros Musicais) 93 p.
3º Daniel (Billardeiros Musicais) 90 p.
Donas
1ª Geni (Billardeiros Musicais) 85 p.
2ª Lola Eiras (Polka Miseria) 58 p.
3ª Irea (Carabullo) 53 p.
Equipos
1º Billardeiros Musicais, Ribadeo 412 p.
2º Chainzos-Cadaval,Castro de Rei 367 p.
3º Carabullo, Outeiro de Rei 351 p.
Varados
Migho (Chainzos-Cadaval) 3
Pepe Outeiro (Chainzos-Cadaval) 3
Charli, Markytos, Sachas 2
A vindeira xornada será en Castro de Riberas de Lea, desta volta imos pala VII edición da Pita de Mos. Será xa para o 14 de xaneiro do vindeiro ano e mentres, a LNB e mais a Asociación O Varal desexamos un BO NADAL e ANINOVO FELIZ para todos.