Site icon Crónica3.com A Mariña

“Do Tacto” de Miriam Ferrandás acada o primeiro premio no V Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

Miriam Ferrandás Ferradás natural de Bueu concello de Pontevedra alzase como gañadora da V edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado pola gañadora que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “De Tacto”.

O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “ Regreso a Itaca” da que é autor, Modesto Carlos Fraga Moure de Fisterra.

Xosé Antón Fortes Torres, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Ofelia sen dó”. Xosé Antón Fortes é de Sarria.

A entrega do premio terá lugar o sábado, día 7 de xaneiro de 2017 segundo o seguinte programa:

12.00 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.15 horas; Ofrenda floral ante a tumba do poeta.
12.45 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.

Exit mobile version