Site icon Crónica3.com A Mariña

Comerciantes da Avenida de Galicia en Ribadeo volven decorar as árbores da rúa coa chegada do Nadal

Ribadeo, 1 de decembro de 2016. Un grupo de comerciantes da avenida de Galicia en Ribadeo volven decorar as árbores desta rúa ribadense coa chegada do Nadal. Este ano os adornos foron elaborados pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.

Seguindo cunha tradición que xa puxeron en práctica o ano pasado, este grupo de comerciantes decidía, coa autorización do Concello de Ribadeo, decorar unha vez máis as árbores da rúa con motivo das festas de Nadal.
Este ano os comerciantes da avenida de Galicia contaron co bo facer da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. Os seus usuarios foron os encargados de elaborar os máis de 300 adornos que lucirán as árbores desta céntrica rúa de Ribadeo. “Gracias a la cooperación y gran interés de su directora, María José Novoa, y bajo la supervisión y coordinación de Sonia Marcos, los integrantes de esta asociación se entusiasmaron con el proyecto y trabajaron incansablemente en equipo para afrontar esta labor”, explican os comerciantes.

O acto de presentación dos adornos do Nadal terá lugar este venres, 2 de decembro, ás 18.00 horas.

Os 23 establecementos que participan nesta iniciativa son: Bar Ribeira, personal de O Zapatazo, Mercería Susana Moreira, Pippol´s, Folder, Foto Legaspi, Bar Queimada, Carnicería Seares, Manolo Peluquero, Decorama, Bazar Chino, Bolsos Núñez, Megasoft, Óptica Miró, Bar Regueiro, Mayva, Studio 16, Terra Branca, Bis a Bis, Kebab Istambul, Frutería Mylfrut, Gestoría Torres e Panadería La Plaza.

Exit mobile version