- Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
Estivo enmarcado dentro dos actos do 25N. Tamén foi unha xornada na que crearon e tiraron de imaxinación co violeta como protagonista, cor símbolo da loita contra a violencia de xénero.
- A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
O presunto autor arrincou supostamente o toldo exterior dun establecemento comercial situado neste termo municipal na madrugada do 31 de agosto. A persoa investigada e as dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.
- O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia
Previamente traballou no Hospital de Burela. Beatriz, ainda que orixinaria da Coruña asentouse na Mariña cando veu a traballar a Burela, onde formou a sua familia e onde finalmente se xubilou. A cea foi no Hotel restaurante Nordés, á que asistiron 60 persoas. Recibiu agasallos nos que participaron máis de 100 persoas que coincidiron con ela na Residencia de Maiores de Burela. Deixa unha enorme pegada pola sua labor profesional e humana.
- Charla sobre poder e medios de comunicación en Ribadeo
A A.C. Francisco Lanza organiza este venres, 29 de novembro ás 20.30h, na Casa do Viejo Pancho, unha charla coloquio sobre a situación dos medios de comunicación e as relacións destes co poder. Estará impartida por Luis Álvarez Pousa, director da revista "Tempos Novos" e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Presentará o acto, Farruco Graña, presidente da ACFL.
- A Semana Santa de Viveiro recibe o galardón "Lucense del año"
Na súa representación estivo o seu Presidente, José Veiga, apoiado pola Alcaldesa, María Loureiro, compañeiros da Xunta de Confrarías e Monseñor Fernando García Cadiñanos, Bispo de Mondoñedo-Ferrol que á súa vez contaba coa compañía do Párroco D. Xosé Ramón Escourido Basanta.
- Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
Reclamaron unha xuntanza urxente para abordar a situación da fábrica e maior implicación dos goberntos estatal e autonómico.
- O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
Os seus editores, Carlos Baliñas Pérez (USC) e Carlos Andrés González Paz (IEGPS), acompañados pola directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, explicaron o contido do libro, que constitúe unha revisión diacrónica da traxectoria histórica da vila de Castro d’Ouro desde a Idade do Ferro ata finais do Antigo Réxime e que reúne os relatorios presentados por expertos de recoñecida traxectoria investigadora durante as “Xornadas de Estudos Históricos”, (2 e 3 de outubro de 2020, centro sociocultural de Alfoz), con motivo do octinxentésimo aniversario da vila de Castro d´Ouro (1220-2020).