Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmen Alonso, raíña do Entroido de Foz 2017

Foz, 1 de decembro de 2016. Carmen Alonso Pérez, de 19 anos de idade, foi elixida este xoves raíña do Entroido de Foz para o vindeiro ano entre os sete candidatos e candidatas que se presentaron.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “Carmen Alonso Perez de 19 anos foi elixida este xoves raíña do Entroido 2017, despois dunha complicada deliberación do xurado. A variedade de candidatos sorprende ano a ano aos membros do xurado. Un total de 7 persoas, mozos e mozas e tamén máis maiores, da vila e das parroquias que poñen unha ilusión que é de recoñecer e da cal nos enorgullecemos todos. Nótase que houbo moitísimo traballo nas presentacións e sobre todo unha ilusión extraordinaria por vivir o Entroido dunha forma diferente”.

O rexedor municipal engadiu: “á nova raíña e damas, as nosas mellores felicitacións e estamos seguros de que van a ser unhas excelentes abandeiradas do noso Entroido. E ao resto de candidatas e candidatos, o noso máximo agradecemento esperando que gocen igual ou máis neste próximo Entroido 2017 e que manteñan a mesma ilusión para a seguinte elección de hoxe nun ano”.

Exit mobile version