Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia: “Damos a benvida a que o BNG na oposición sexa realista e se sume ás nosas propostas para mellorar a colaboración da Deputación cos concellos”

Lugo, 1 de decembro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular dá a benvida ao BNG ao sumarse ás reivindicacións que dende hai anos están a trasladar os populares para que a Deputación de Lugo mellore a colaboración con todos os concellos da provincia e cree un plan de axuda ás administracións locais “máis ambicioso, seguindo criterios obxectivos” e que dea “unha verdadeira resposta ás necesidades dos veciños”.

A voceira dos populares, Elena Candia, fixo estas declaracións tras a proposta que presentaron dende o Bloque Nacionalista Galego e a través da que suxiren un único plan de colaboración cos concellos. Dende o Grupo do PP danlle as grazas ao BNG por unirse ao que os populares definen “como algo ineludible e que a Deputación de Besteiro e agora a de Campos está a dar de lado, que é a de cumprir coa súa competencia regulada por lei, a de colaborar con todos os concellos”.

Candia lembra que “durante anos os concellos se viron sometidos ao sectarismo político e partidista” incluso “moitas administracións locais achegaban máis á Deputación do que recibían do ente provincial”. Os populares na Deputación censuraron de xeito reiterado estas actitudes e “a través das fórmulas que tiñamos nas nosas mans presentamos diferentes iniciativas para mellorar a colaboración da Deputación con todos e cada un dos concellos da provincia”.

Neste eido, de presentarse un orzamento que permita un reparto do financiamento guiado por “criterios obxectivos”, a voceira dos populares asegurou que “contarán co apoio do Grupo Popular e así terán a maioría absoluta do pleno”. “Invitámolos a que elaboren unha proposta de acordo nesa dirección e se a cumpren, o PP vaina apoiar”.

O BNG ve mellor a realidade na oposición
“O BNG no Goberno non se daba conta da realidade da provincia”, aseguran dende o Grupo Popular e “agora na oposición parecen ver mellor as necesidades dos seus veciños e veciñas e unha delas pasa porque a Deputación cumpra coas súas funcións e sexa un verdadeiro ente implicado coas administracións locais”.

“O BNG ve moito mellor as necesidades e o realismo da provincia cando está na oposición que cando estaba no Goberno, xa que non podemos esquecer que tivo gobernando ata antonte e o PP levou de forma insistente e reiterada esta proposta ao pleno, pero encontrámonos sempre co voto en contra dos deputados nacionalistas”, analizou Candia. De todos modos, engade a popular que “o importante é que rectifiquen e que haxa orzamentos”.

Uns Presupostos que non chegan
O Grupo Provincial do Partido Popular tamén se pregunta “unha vez máis” polos presupostos da Deputación para o ano 2017. “Pedímoslles responsabilidades e rigor ao equipo de Goberno da Deputación de Lugo e ao seu presidente, o socialista Darío Campos, para que non se repita a situación vivida na pasada anualidade, que mantivo a esta provincia sen contas ata o segundo trimestre do ano”. Así, segundo Candia “parece case imposible que o presidente non teña presupostos, porque sabe en que termos vai ter o apoio necesario, salvo que alguén do seu grupo estea interesado en non telos”.

Exit mobile version