En Barreiros as mulleres que están a facer manualidades na escola de Celeiro de Mariñaos fixéronlle entrega ao persoal do centro de saúde dunha árbore de Nadal e de varios adornos navideños realizados con material de reciclaxe e follas secas de plantas. O persoal sanitario agradece “este bonito detalle, xa que proporcionarán un ambiente agradable e alegre aos doentes que estes días acuden a esta instalación”, segundo explica o primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, que traballa no devandito centro de saúde.