Site icon Crónica3.com A Mariña

“A xunta de goberno confirma o adiantado polo GMP: as subvencións de 2016 non se cobrarán hasta fináis de marzo, como mínimo”

Burela, a 13 de decembro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela afirmou este martes que “por desgracia, e tal e como anunciamos no seu día, as asociacións e colectivos que concurran ás subvencións que concede o concello en réxime de concurrencia competitiva no presente ano 2016 non cobrarán o que lles corresponda hasta, como mínimo, fináis de marzo ou primeiros de abril do vindeiro ano, tal e como o reflexa unha acta da xunta de goberno”.

Segundo os populares, “efectivamente, esto é o que se desprende da acta da sesión extraordinaria da xunta de goberno do pasado día 5 deste mes, na que o único punto tratado foi a prórroga do prazo de presentación das xustificacións das subvencións deste ano 2016 hasta o 13 de febreiro próximo. No seu momento foron tan listos que nas bases que aprobaron puxeron de data límite precisamente o 5 deste mes, pero, como aínda non concederon as subvencións, non lles quedou máis remedio que prorrogar o prazo”.

Para o GMP, “desde logo, o goberno socialista non destaca pola axilidade no seu traballo, máis ben o contrario, porque estas cuestións hai que telas mui perfiladas e claras para non crearlles perxuicios ós colectivos e asociacións, xa que moitos deles dependen en gran medida da subvención que reciben para subsistir”.

Os edís do PP tamén fan mención da “ausencia de coordinación entre os distintos membros do goberno socialista, como o demostra a distinta forma de baremar as subvencións que hai entre os distintos concelleiros: parece que uns queren distinguirse de outros dando unha imaxe de máis transparencia. Así, as subvencións de deportes son baremadas por unha comisión na que se quere incluir ós grupos políticos, mentres que as de cultura son baremadas por unha comisión na que estará o concelleiro delegado, como comisario político, e técnicos”.

“Ademáis, destacan desde o GMP, e tal e como anunciamos, ‘facerlle o traballo’ ó concelleiro de cultura na organización de eventos terá premio, xa que os colectivos que así se comporten verán como o seu traballo se valora con sesenta puntos dun total de cen, mentres aqueles que pola súa propia finalidade non poidan colaborar co concello verán que son perxudicados con respecto ós anteriores. Todo un exemplo de comportamento caciquil e clientelar que se debería desterrar”.

Desde o GMP fan fincapé en que, “ademáis de baixar en 12.000’00€ a contía total para subvencións deste 2016 con respecto a 2015, e ademáis de incumplir a súa promesa de non conceder ningunha subvención nominativa, no goberno socialista, como se ve, nin hai traballo, nin hai seriedade, nin hai coherencia. E mentres tanto, as asociacións e colectivos que dependen das subvencións en concurrencia competitiva, malviven con escaseza de recursos, e así o farán hasta polomenos dentro de tres ou catro meses”.

Exit mobile version