Site icon Crónica3.com A Mariña

Un espectáculo de maxia e música pecha a programación sobre Manuel María na biblioteca de Foz

maxia-musciFoz, 24 de novembro de 2016. A programación especial da biblioteca pública municipal de Foz dedicada ao poeta Manuel María remata este venres cun espectáculo de maxia e música para todos os públicos. Será no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach, explicou que “rematamos o ano dedicado ao poeta Manuel María coa actuación de Álvaro Muras e o Mago Martín Camiña que nos van presentar o espectáculo Manuel María con maxia e música. É un percorrido guionizado de maxia e música, a través da vida e obra do autor Manuel María; un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navega nos versos do poeta lucense. Son 60 minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas, panos, papeis e coa vida de Manuel María coma escenografía”.

Silvia Blach engadiu que “con esta actuación rematamos unha programación especial da biblioteca pública municipal, que se alongou durante todo o ano, para público infantil, mocidade e familiar, con actividades de animación á lectura, exposición, lecturas públicas, música, etcétera, que deu a coñecer un pouco máis a obra e vida do poeta máis querido e achegado a nós”.

Exit mobile version