Máis dunha vintena de sendeiristas de “Terras de Lourenzá” desprazáronse o pasado sábado, 19 de novembro, ata Ortigueira, para realizar a “Ruta dos acantilados de Loiba”, que se move entre ese Concello e o de Mañón (concretamente, o remate de camiñata foi na praia de Esteiro). Como non podía ser doutro xeito, a foto de grupo realizárona no coñecido como o “mellor banco do mundo” no acantilado de Loiba.