O Campañazo pódese seguir en directo a partir das once da noite a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Aquela persoa que cante o Campañazo deberá chamar rapidamente á emisora desde o local no que estea a seguir o sorteo. E o mesmo deberán facer o resto de premiados cada venres pola noite.
Cada venres de novembro pola noite puxéronse en xogo 600 euros en vales de compra, 300 para a primeira persoa que cante o Campañazo e 300 para o resto dos premiados. Este 25 de novembro remata esta iniciativa do CCA focense.
Un total de 60 establecementos comerciais e hostaleiros participan no Campañazo do Centro Comercial Aberto de Foz, unha iniciativa que xa está consolidada, porque leva varios anos celebrándose nos meses de novembro e de xaneiro.
Entregados os premios do sorteo do pasado venres
Os premios aos gañadores do pasado venres, 18 de novembro, foron entregados este mércores. Tres persoas: Isabel, Joaquín e Carlos cantaron bingo no Tangarte Mariñeiro e recibiron 100 euros en vales de compra cada un deles. Así de repartido estivo o terceiro Campañazo de novembro. Os outros 300 euros en vales de compra foron para un total de 10 afortunad@s.
Na entrega de agasallos participaron Olaya Pedrosa, secretaria do CCA de Foz, e Rubén Rodríguez, do Tangarte Mariñeiro.