As inmediacións da Casa da Cultura do Vicedo acolleron este sábado á noite o sorteo de 2.000 euros en vales de compra para gastar ao longo dos próximos días nos locais asociados á Acia da localidade. Repartíronse 10 premios de 100 euros en vales cada un, un de 200 euros, outro de 300 euros e un máis de 500 euros.
A campaña da Federación de Comercio A Mariña, que arrincaba o pasado 10 de outubro, concluíu este sábado no Vicedo. O colectivo destinou 12.000 euros en premios á devandita campaña, antesala das festas de Nadal. Houbo tamén sorteos en Viveiro, Ribadeo, Foz, Burela e Xove.