Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Por Nuestro Faro’ critica as declaracións do alcalde sobre Illa Pancha

A última declaración do Sr. Alcalde sobre a Illa Pancha non aporta nada novo ao que xa sabemos dende hai ano e medio. O seu apoio decidido a un hotel de duas suites quedou perfectamente reflectido nas declaración que fixo a un diario madrileño o 22 de abril de 2015. Caseque un ano antes de que a empresa concesionaria presentase o proxecto definitivo e sen ningún tipo de informe técnico nin económico o Sr Alcalde xa tiña tomada a decisión de apoiar este proxecto porque tal como declarou era “un premio para Ribadeo”. Deixémonos de lerias, foi unha decisión política, como o foi a de rexeitar o galpón no porto de Figueirúa e mesmo levalo a pleno sen ter ningún proxecto nin informe técnico. Como ben se sabía que habería espertar unha forte rexeita social mantívose en segredo. Despois veu a tramitación das licencias, primeiro dun proxecto, despois de dous, sen explicación alguna polo concello nin pola Autoridade Portuaria. Sen informe de afección á Rede Natura 2000, sen informe económico nen criterios de sostibilidade que esixen a lei de Portos, a de Costas e a Reserva da Biosfera. Despois de que a propia Dirección Xeral de Medio Ambiente recoñecese –negro sobre branco- que non recibiu o expediente, e polo tanto que so podía informar sobre a obra interior do faro, cousa polo demais allea ás súas competencias. Este é o escenario cando nos avisan de que non se daría a licencia de apertura en función dos informes técnicos; senón da decisión persoal do señor alcalde ou sexa o contrario de que se ven declarando dende hai moitos meses. En realidade o que se está buscando son disculpas para resolver favorablemente o recurso presentado pola empresa concesionaria por aprobarlle a cafetería e darlle argumentos para un eventual contencioso.

Polo demais abonda un exemplo que tódolos días escoitamos comentar nas rúas. Por qué os prantexamento que se propoñen para as catedrais non valen para a Illa Pancha? Se a cafetería das Catedrais debe estar máis afastada da costa, por qué se tolera e se apoia un hotel no medio da Illa Pancha?. En proporción o coherente sería poñer un hotel de sete plantas nas Catedrais. Se propoñemos un aparcamento a varios centos de metros das catedrais, por que defendemos un aparcamento no medio e medio da Illa Pancha?. Falemos claro, hai un criterio ambiental distinto en cada caso ou hai intereses políticos e persoais inconfesabeis?.

Exit mobile version