Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Aventados proxectan “San Ciprián, unha tirotea durmida” por San Andrés

As xentes de mar, ían depositar exvotos pedindo a protección do santo que está non cabo do mundo. Mentres, a maioría da frota -aquelas lanchas motoras de madeira- descansaban nas rías, e os seus donos paseaban para escoitar os queixidos dos seus amarres.

San Andrés era a festa do tempo de inverno. Tivo a súa máxima evocación con aquel presbítero e bacharel, Andrés Varela, que pola súa iniciativa e coa súa pecunia particular, fixo un hospital de peregrinos con capela dedicados ao Santo de Teixido, polo século XVII. Desde entón, os de aquí, sempre lle celebramos.

Neste 2016, Os Aventados proxectarán “San Ciprián, unha tirotea durmida” que conta como eran a vida e aqueles personaxes inesquecibles da primeira metade do século XX. A través de 23 protagonistas, e usando a tradición oral, queremos deixar constancia do orgullo de ser galegos e mariñáns, tal como mostran Quico Pernas e a súa nai Sagrario Coldeira, que lembran a Charo.

Personaxes como Clara, con panadería, ou Toncho no Lugar; veciño de Genucha, magnífica estilista; lugares ambos, que citaban ao faladoiro. Begoña -nai e filla- e Itziar, lembrarán aquela central de teléfonos no Coto, pero tamén ao mariñeiro de pel morena, Balbino, que como case todos os raparigos daquel porto, tiveron que navegar, así Víctor Mosquera, Ramón Díaz e agora Paco O Lugués.

Pero se os mozos de outrora, fomos alumnos de Don Francisco, as mozas, tiveron a Sagrario Martínez como guía. Cóntano Fetucha, ou Mari Carmen Mosquera, que co seu marido Manolo, manteñen un tradicional e elegante comercio. Claro que para tal, o que rexenta o neto do gran Cándido Rey, primeiro ultramarinos multiusos e despois ferraxería. En fronte, un home moi veterano, da máxima confianza do Mestre, Ramón, con tantos anos de emigrante, como Perico de Erundina ou Toñita, esposa de Fero. Lembrando os versos de José Murados, pai de Jesús e Pastor.

E, desde logo historias de amor. Julia Moscoso, lembrando ao seu galán, Pepe de Rita; ou María Jesús Suso, á que brillan os seus ollos, contando a súa vida con aquel home que tanto fixo polo seu pobo; Pepe do Lugar; algo similar sucédelle ás fillas de Paulino, un emprendedor que abriu en primeiro cinema-cafetería-restaurante-hotel. Claro que para hostalería a que practicaron Marcelino Díaz e Esperanza Rey, tal como lémbrao a súa filla Lolita.

Exit mobile version