A parlamentaria Olalla Rodil apoiu a mobilización estudiantil celebrada este xoves en Lugo contra a LOMCE e na que se pedía a eliminación das reválidas. A mobilización foi convocada polo colectivo estudantil ERGER e pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Rodil sinalou que “a comunidade educativa galega vén amosando o seu rexeitamento á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) desde que foi presentada como borrador. De facto, foi o noso país un dos territorios nos que maior oposición se fixo nas aulas e nas rúas á nova lei”.