Cervo (Lugo), 23 de novembro de 2016.- O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, dixo este mércores que os Orzamentos aprobados polo PP en sesión plenaria, son insolidarios e que non cumpren coa necesaria vontade de reactivación e crecemento económico que necesita Cervo, e polo tanto contrario as expectativas dos veciños e veciñas do Concello.
O voceiro socialista criticou a situación das infraestruturas municipais e aludiu a situación de abandono que sofren edificios como o Xulgado, as Escolas vellas, a Praza do Souto, os paseos peatoniles, os viais, praias, parques ou as fontes,… (non teñen mais que escoitar a xente deste municipio). E acusou ao equipo de Goberno non ter un proxecto claro e definido das necesidades do Concello a todos os niveis, por iso deixan todo en mans da improvisación.
Mon Fernández emprazou a rexedor popular a impulsar unha reactivación económica no Concello, apostando polas Pemes e autónomos, que nos faga ser menos dependentes da gran factoría de ALCOA, que nos permita fixar a poboación o territorio creando nichos de mercado e emprego. Remarca ademais que a folla de ruta de Cervo debería pasar por construír un Concello atractivo, que atraia a xente e desta maneira poderemos ter unha administración viable que poida afrontar todos os servizos que necesiten os cidadáns.
O voceiro socialista criticou novamente o incremento das partidas indefinidas de (Outros Gastos, Gastos Diversos…) en 80.000€ máis, encima dos 115.000€ que xa subiran no exercicio en curso. Isto é, loxicamente, para intentar cubrir a improvisación de non ter un programa ou proxecto claro e definido. Di que o Alcalde “tapa este, ou aquel furadiño, e dicir solucionar segundo vai a demanda ou problema detectado, dos que están moi enfadados ou dos que son seus amigos. Vamos que con isto o único que están a xerar e unha frustración total entre todos os veciños, en ver como non teñen programa algún que solvente as necesidades deste Concello”. Tamén criticou o avultado orzamento da partida dedicada os Órganos de Goberno, destinada aos concelleiros populares, lembrou que anunciou o compromiso de baixala “pero a dia de hoxe, nada de nada, mantéñense partidas indefinidas para protocolo, gastos diversos, e outras indemnizacións, co fin de encubrir soldos dos concelleiros do PP”, insistiu.
Reclama que se realice a RPT
Tamén aludiu aos informes que realizan os servizos de intervención e secretaria sobre as recomendacións ás cales se suman. Nese senso, demandoulle ao rexedor que realice a RPT (Relación de Postos de Traballo), para poder realizar a ordenación do traballo municipal, e para que sexa acorde ás necesidades de Cervo, pero sobre todo “para que non siga malgastando diñeiro público”.
Sobre a partida de emerxencias sociais advertiu que “segue coa mesma escueta cantidade que en pasadas anualidades”.
Por último reclamou ao Alcalde que se poña a traballar. Mon Fernández puxo enriba da mesa unha proposta de traballo para que o Concello elabore un Plan de Turismo, un proxecto que sexa capaz definir unha acción estratéxica para Cervo, consensuada cos que forman o sector turístico, que permita mellorar e consolidar o posicionamento do Concello como destino preferente, poñendo en valor aqueles recursos e produtos diferenciadores e complementarios.
Ademais o voceiro socialista reclamou un plan de emprego especifico que protexa aos colectivos desfavorecidos e mais vulnerables (maiores de 45 anos e mulleres), para que por un lado fomente o reciclaxe e actualización profesional e por outra banda facilite por medio de incentivos a contratación destes colectivos.