Mondoñedo, 28 de novembro de 2016. Os socialistas de Mondoñedo afirman que os orzamentos que presentou Elena Candia ao Pleno do mes de novembro, denotan que prefire investir en propaganda e publicidade que crear emprego na cidade.
Segundo as contas aprobadas polo PP, as inversións reais para o Concello, non chega aos 400.000 euros. Pero o máis destacable das contas de Candia “é que só adica un 1.3 % ao fomento do emprego, é dicir 43.000 euros que nos corresponden por subvencións”.
González critica que a día de hoxe Elena Candia xa ten gastado máis de 26.000 en anuncios e propaganda, e nestes orzamentos prevé un investimento de 23.OOO euros. “Polo tanto a Alcaldesa de Mondoñedo gasta máis en promocionarse ela mesma, que en buscar emprego para os mindonienses que están no paro. Por iso cualifica este feito como bastante “lamentable”.
Tamén advertiu da pouca realidade que amosan os orzamentos, xa que nos mesmos, aparecen reflectidos ingresos sobre a venta de parcelas no Polígono Industrial, cando o expediente para licitalas foi aprobado neste mesmo pleno, por iso cualifican este feito de “surrealista”.
A voceira do Partido Socialista Esperanza González asegura que o único que precisa Mondoñedo é emprego, xente para vivir e boas dotacións publicas. “Pero Candia prefire gastar en tunas, colchonetas, festas e viaxes turísticos de autopromoción”.
Esperanza González afirma que si Alcaldesa de Mondoñedo pisara máis veces a cidade e a Alcaldía podería coñecer de primeira man os problemas dos nosos veciños, pero prefire recorrer a provincia no coche do PP.
Traspaso de tramos da antiga N-634
Neste mesmo pleno tamén se abordaron outras cuestións como a cesión ao Concello da titularidade de tramos da antiga N-634, ao seu paso por Sasdónigas e San Vicente.”O PSOE posicionouse en contra desta cesión, xa que entendemos que o Concello ten bastante con rozar e con manter as vías de titularidade municipal, sen ter que atender tamén aos do Estado. Cada administración ten que ser responsable das súas vías”.
Convenio de colaboración cos artesáns no Barrio dos Muíños
Sobre a proposta de convenio de colaboración cos artesáns no Barrio dos Muíños. O PSOE vota en contra desta proposta,”xa que rexeitamos a cláusula na que consta que o Concello pagará os gastos de luz, auga e mantemento das vivendas nas que viven os artesáns. Hai que lembrar que eses gastos víñanse pagando actualmente, pero entendemos que o Concello xa están realizando un esforzo económico importante coa cesión dos locais con todos os seus gastos aos artesáns, e ademais, pola vivenda tampouco pagan aluguer”.
Esperanza González demandou que os alumnos dos centros educativos de Mondoñedo non paguen por visitar estas instalacións, e avanzou que sería interesante que se realizará unha unidade didáctica sobre os oficios no Barrio dos Muíños, como xa se fixo coas Covas do Rei Cintolo.