Site icon Crónica3.com A Mariña

O pp de Viveiro lamenta a deixadez do equipo de goberno municipal socialista en materia de emprego

Viveiro 30-11-16.

Unha vez máis o goberno municipal  socialista da Sra. Loureiro ven de deixar escapar unha nova oportunidade relacionada co emprego, ó non solicitar a oportuna subvención para a contratación dun axente de emprego e desenvolvemento local.

Resulta casi incrible que o terceiro Concello da provincia e o máis poblado de A Mariña “pase” de solicitar dito axente de emprego cando todas as solicitudes presentadas polos concellos foron atendidas  na súa totalidade pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así foron 45 os municipios beneficiarios na provincia de Lugo, e no caso concreto de A Mariña foron 11 – o que supón unha aportación de casi 90.000 euros por parte da Xunta – e entre os que lamentablemente non se atopa o Concello de Viveiro.

Estes axentes que forman parte da rede técnica de emprego de Galicia teñen como función principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial, actuando como promotores, asesores puntuais de proxectos de empresa e prospectores de mercado, tarefas que á Sra. Alcaldesa non deben de parecerlle nin interesantes nin productivas ó non molestarse en solicitar dita axuda para a contratación deste axente de emprego.

Desde o PP de Viveiro asisitimos a unha mostra máis da inoperancia e a vagancia supina do equipo de goberno municipal, que se preocupa moi pouco pola posta en práctica de medidas que favorezan ou apoien a creación de emprego no noso municipio, tal e como demostraron  hai pouco cando no pleno de   setembro   se rexeitou – cos votos en contra do PSOE, SON Viveiro e os ex do BNG – a nosa proposta de crear un vivero de empresas en parte do antiguo edificio do Centro Comarcal da Mariña Occidental, e todo isto a pesares de ser o noso concello o que desgraciadamente ocupa o primeiro posto de desempregados de toda a Mariña ( 1079 parados no mes de outubro).

 

Antonio J. Bouza Rodil

Voceiro do PP de Viveiro

        

 

Exit mobile version