Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza en Muras unha charla-café sobre “a muller como coidadora”

O Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración do Concello de Muras, organiza dentro do seu ciclo Falemos de… unha charla café na que se tratará o tema do rol da muller como coidadora.

O acto terá lugar o sábado 3 de decembro ás 16:30 horas no Local Social de Muras. A relatora será a psicóloga JUANA BLANCO CARRIQUÍ, licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, especialista en Psicoloxía do Traballo, cursos de doutorado en Psicogerontología e diversos seminarios de formación con preferencia en intervención psicolóxica e violencia de xénero. Actualmente traballa en Intervención Psicolóxica no Centro de Día A Concordia de Ribadeo colaborando tamén con diferentes institucións impartindo cursos e obradoiros sobre autoestima, intelixencia emocional, técnicas de relaxación, manexo da dor…

Nesta charla tratarase de facer un percorrido pola vida das mulleres como principais proveedoras de coidados, de analizar o momento no que estamos e entender o que realmente podemos escoller e o que é unha obriga imposta polo mandato de xénero e tamén de dotarnos de estratexias e recursos de autocoidado para o día a día.

No Observatorio pretendemos abrir debates produtivos e dar a coñecer distintas problemáticas que afectan de forma específica ás mulleres.

Exit mobile version