Viveiro, 30 de novembro de 2016. A ruta de sendeirismo partirá dos Xardíns Noriega Varela, o 6 de decembro, ás 10:30 horas; é gratuíta e ten unha dificultade media alta, recoméndandose aos participantes que leven roupa e calzado apropiados. Ten un percorrido circular polos arredores do Río Landro e o seu guía será Pedro Esmorís.
A visita guiada terá lugar o vindeiro 8 de decembro. Partirá ás 16:30 horas da casa do concello, na Praza Maior; é gratuíta e será realizada por Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro, quen se encargará de guiar aos participantes polos principais puntos de interese do casco antigo da cidade e polo Belén a tamaño natural, Viveiro ante o Berce, instalado nas inmediacións da Igrexa de Santa María.
Ambas actividades son organizadas pola Concellería de Turismo e a Concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, quere agradecer publicamente a colaboración tanto de Pedro Esmorís como de Carlos Nuevo para o seu desenvolvemento.