Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo parabeniza ao PP por “rectificar e darlle a razón á xente e ao BNG sobre a importancia de protexer o patrimonio e non destruílo”

Cervo, de novembro de 2016. O BNG – Asembleas Abertas de Cervo da os parabéns públicos ao alcalde de Cervo do Partido Popular por rectificar no que ate agora foi unha xestión neglixente e irresponsábel, que provocou a destrución dunha parte notábel do Castro da Atalaia, e nestes últimos días a sentenza do TS que obriga á administración pública a asumir indemnizacións a un promotor inmobiliario. Por outra banda, a formación nacionalista agradece o anuncio do alcalde que por fin entra en razón e toa en consideración a petición reiterada do BNG, a última o pasado mes de abril, para abrir expediente de ruína a unha edificación da Atalaia.

É boa noticia que o PP rectifique despois de tantos erros na Atalaia, felicitámolo pola decisión que nos da a razón na tantas veces demandada, protección do patrimonio arqueolóxico
O BNG – Asembleas Abertas en Cervo afirmou que “rectificar é boa cousa cando se levan cometido tantos erros”, “é unha boa noticia que ven dar a razón á bo parte da veciñanza e ao propio BNG que o levamos reclamando fai anos”, afirmou o portavoz municipal nacionalista Luís Bernardo Insua á vista das declaracións do Alcalde do Partido Popular sobre as intencións de asumir a compra e posta en valor dunhas fincas onde se sitúa parte do Castro da Atalaia.

“Agardamos un resultado positivo para estas xestións que apoiaremos xa que contrastan con outras como concesión indebida de licenzas de construción na zona, ou mesmo a presentación por parte do concello dun recurso contra o inventariado do Castro”, afirmou Bernardo Insua.

Aledámonos da toma en consideración da solicitude presentada en abril para abrir expediente de ruína a un edifico da Atalaia
O BNG tamén mostrou satisfacción polo anuncio do alcalde de abrir expediente de ruína a un edificio construído na Atalaia que nunca foi habitado. “Esta é unha vella reclamación do pobo de San Cibrao, nós solicitamos a apertura de expediente de ruína buscando a súa demolición o pasado mes de abril, aledámonos que agora se atenda esa petición”.

Visita da deputada Olalla Rodil ao Castro da Atalaia para un encontro coa veciñanza e representantes de Mariña Patrimonio
A deputada nacionalista, Olalla Rodil, visitará este mércores ás 17:30 o Castro da Atalaia e manterá un encontro coa veciñanza e representantes de Mariña Patrimonio. Así mesmo aproveitará para facer públicas iniciativas presentadas no Parlamento Galego sobre este xacemento e a recente sentenza do TS que obriga á Xunta a indemnizar á promotora que o destruíu en parte.

Exit mobile version