Burela, 30 de novembro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, convida aos veciños e veciñas a participar mañá, xoves, ás 11:00 horas no acto de inauguración da obra de acceso ao porto.
O rexedor comentou que “para min é unha satisfacción enorme poder invitar a todos os veciños e veciñas de Burela a que acudan mañá ás once da mañá á inauguración do que é unha nova infraestrutura”.
Llano explicou que “o acceso ao porto de Burela, que comunica Arcadio Pardiñas, máis concretamente a N-642, co porto de Burela e con outros lugares importantes da nosa vila, é unha obra que foi longa no espazo, houbo moitas dificultades para facela, pero por fin é unha realidade”.
O alcalde burelés considera que “por ser unha obra de interese colectivo, que realmente estivemos todos moi preocupados e pendentes de que se rematara dunha vez, agora que é unha realidade para todos os veciños, que estean aí para facer a inauguración e a partir xa da tarde poder empregala, como é o normal, que para iso se fixo”.