Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición do ‘Black Friday’ en 40 establecementos ribadenses do 25 ao 27 de novembro

Ribadeo, 23 de novembro de 2016. Do 25 ao 27 de novembro terá lugar unha nova edición do Black Friday, que organiza Acisa. Nesta campaña danse cita preto de 40 establecementos comerciais, que ofrecerán descontos importantes aos seus clientes en artigos de tempada.

O presidente de Acisa, David Martínez, comenta que “é o xa coñecido Black Friday en España. É unha tradición americana que vén de alí, de cando en novembro despois de acción de grazas as tendas vendían moito para Nadal, e convertían os seus números vermellos dos bancos en números negros, por iso é Black Friday”.

David Martínez declara que “esa herdanza vén para aquí e consiste no mesmo, un previo ao Nadal, aproveitar para facer interesantes adquisicións con descontos e ofertas en roupa toda de tempada. Así a xente pode adiantarse ás compras de Nadal nunha data de menos consumo en teoría, para animar este consumo e este previo do Nadal”.

O presidente dos comerciantes ribadenses anuncia que “participan no Black Friday uns corenta asociados polo que estes días Ribadeo será como un gran centro comercial con grandes ofertas e grandes descontos”.

David Martínez sinala que “a media dos horarios de apertura é un pouquiño máis ampla do normal. Hai que lembrar que en Ribadeo abrimos o domingo por tanto é moi cómodo para toda a xente que veña o domingo pola mañá a comprar, a tomar un viño, a comprar o pan, a comer e a gozar da mañá ribadense que sempre é moi animada os domingos”.

Os establecementos comerciais de Ribadeo que participan no Black Friday son Anais, Ana Villamayor, Beep, Bis a Bis, Bodegas Ribeirao, Bora Bora, Calzados La Moda, Deportes Docobo, Esprit, Eureka Kids, Folder, Ginzo, Glass, Güendolina, Gutié, H&A Complementos, Holaola, Joyería Modesto G, La Moda Básico, La Moda Hombre, La Moda Sport, Menos Lobos, Mercería Julia, Mercería Torviso, Mercería Vizcaya, Mika, Naná, Opticalia, Oscarves, PC Ribadeo, Pequerrechos, Pippols, Refan, Ribamueble, Saia, Sanjurjo, Siete Pecados, Toñita Pkes e Tu&Tu.

Exit mobile version