O vindeiro venres 25 Álvaro Muras e Martín Camiña ofrecerán o espectáculo “Manuel María con maxia e música” no Concello de Foz nunha sesión de tarde na Casa da Cultura que comenzará ás 20.30 horas e cunha entrada de balde. Un espectáculo con fondo musical e ilusións sorprendentes, que navegan nos versos do poeta lucense e ca participación do público para facelo máis interactivo. Un percorrido guionizado de música e maxia, a través dá vida e obra do poeta Manuel María. As ilusións de Martín Camiña e as composicións musicais do baixista Álvaro Muras.