Bruxelas, 15 novembro 2016. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), presentou este martes unha pregunta con solicitade de resposta escrita á Comisión Europa (CE) sobre o regulamento de rexistro comunitario da frota pesqueira, actualmente en preparación, que podería provocar a perda do coeficiente redutor do 0,40 da tripulación dos navíos conxeladores do Estado español, o 91% deles buques galegos. O dito coeficiente redutor é o desconto que se aplica no cálculo de acceso á xubilación dos traballadores e traballadoras dos barcos como compensación ás duras condicións de traballo e periga debido a que a lista de tipoloxías de barcos que usará a Comisión no seu rexistro non inclúe palangreiros, cerqueiros e certos arrastreiros que ata a actualidade se consideraban conxeladores e se beneficiaban da redución máxima. Pola tanto, a eurodeputada de AGEe solicita á Comisión que paralice a elaboración desta norma ata atopar unha solución que non modifique os dereitos dos seus tripulantes.
Lídia Senra apela na súa pregunta a que baixo ningunha circunstancia un rexistro da frota e a atribución dun código a cada barco debería prexudicar aos traballadores e traballadoras cando as condicións que orixinaron o dereito ao coeficiente redutor do 0,40 son as mesmas. A E establece queos Estados Membros deben transmitir á Comisión os datos das súas frotas, incluído o tipo de buque do que se trata mediante algún dos códigos dispoñibles nunha clasificación elaborada pola FAO en 1984. Nesta lista non se poden encadrar nin palangreiros nin cerqueiros nin certos tipos de arrastreiros conxeladores, xa que os únicos arrastreiros conxeladores previstos son os de popa e costado. A aplicación deste regulamento por parte do Estado español, que é quen debe atribuír en ultima instancia o código, implicaría a rebaixa de código redutor para a tripulación de certos buques conxeladores e, polo tanto, máis tempo de traballo ata o acceso á xubilación.
Ademais, a eurodeputada pídelle ao Estado español que garanta a conservación dos actuais coeficientes redutores antes da aprobación do regulamento comunitario, dada a intención manifestada polo Goberno español de revisalos unha vez se aprobe a norma.