Este venres, día 25, haberá un acto de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero diante da Casa do Concello de Foz. Será ás 11 da mañá e participarán representantes municipais e das asociacións de mulleres locais. O Concello focense invita “a todas as persoas a participar desta homenaxe no Día Internacional contra a Violencia de Xénero, nunha loita na que debemos seguir perseverando desde todos os ámbitos da sociedade”.