O Frutas Jose FSF acadou unha axustada vitoria por 1-0 este pasado sábado no partido que o enfrentou ao Vilasar FSF.
As locais desperdiciaron varías ocasións de gol nos primeiros minutos do encontro, minutos nos que dominaron ao seu rival, que pouco mais facía que defenderse ante o incontestable dominio das viveirenses.
Estos erros na finalización fixeron aparecer os nervos nas xogadoras do Frutas Jose e por contro deron as ás visitantes, que unha vez sacudido ese dominio inicial que exercían as viveirenses, comezaron a chegar con certo perigo ante a meta de Laura.
A segunda metada comenzou cun tempraneiro gol de Marta, que parecía podería tranquilar un pouco o nerviosismo local, pero sen embargo non foi así e as xogadoras locais seguína caendo en precipitacións e perdas de balón nun partido de ida e volta, que as locais non foron capaces de pechar cun novo gol, e que daba esperanzas as de Sarria, que apostaron por xogar con porteira – xogadora nos úlimos minutos do encontro.
Tres puntos moi sufridos que permiten seguir ao Frutas Jose FSF nos postos altos da taboa clasificatoria á espera do tramo mais duro da competición, no que visitaran a cancha do Cidade de Lugo e recibiran ao Castro FSF, os outros dous equipos, xunto co Frutas Jose, que non coñecen a derrota nas seis xornadas disputadas, para pechar o ano co disputa do derby diante do Burela FSF B.