A Casa da Cultura de Burela, acolle dende hoxe e ata o vindeiro 15 de decembro, a exposición de fotografía do Club Imaxe, que inclúe instantáneas tomadas polos socios do colectivo. A mostra, que cumple 24 edicións, está formada por 40 imaxes tomadas no Concello e fora del ao longo no ano .A mostra porá visitarse de luns a venres de 9 a 13 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Un paseo pola Mariña a través das instantáneas do colectivo que Manuel Cao preside e que convida a visitar.