“O galo mazarico”, de Alejandra Fernández Castiñeira, foi o Microrrelato gañador na primeira categoría, a de menores de 18 anos. E “Agora sábeo”, de Delia Polo Losada, foi o gañador na segunda categoría, a de maiores de 18 anos. O premio da primeira categoría estivo dotado con 75 euros e o da segunda con 150 euros.
E a frase “O amor é unha vitoria, a violencia un fracaso”, de Miguel Crego Martínez, foi o vencedor do VI Concurso de Lemas. Este será o lema que o Concello de Burela empregue o vindeiro ano nas actividades organizadas no día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
Ao acto desenvolvido onte asistiron varios concelleiros bureleses así coma veciñas e veciños da localidade.