Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea reclama novos Xulgados do Social para Lugo

cigLugo, 24 de novembro de 2016.- O voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo este xoves unha xuntanza co sindicato CIG-Xustiza de Lugo para recoller as súas demandas relativas ao colapso dos Xulgados de Lugo e tamén para informalos de que para En Marea os Xulgados do Social serán unha prioridade, pois son os que tutelan os dereitos dos traballadores e traballadoras. Villares tamén informou da Proposición Non de Lei presentada este xoves no Parlamento de Galicia para esixir a creación urxente de tres xulgados do Social en Galicia.

En Marea sintoniza coas reclamacións das forzas sindicais do ámbito da xustiza, que denuncian a necesidade de crear novos órganos xudiciais e ao mesmo tempo reforzar o persoal dos Xulgados. Quéixanse de que no caso de Lugo, o colapso xudicial está provocando que moitas persoas do sur da provincia opten por presentar as súas demandas nos xulgados de Ourense, menos conxestionados.

“A particular situación dos xulgado do Social é totalmente inaceptable a vulneración do dereito de tutela xudicial efectiva que se produce cando temos un retraso á hora de dispensar xustiza a quen o necesita” sinalou Luís Villares que destacou que precisamente sexa a xurisdicción na que se ventilan os dereitos dos traballadores e traballadoras a que peor está funcionando. “É indispensable que se creen fr goovas unidades xudiciais completas en Lugo en Santiago e en Vigo, pois as reformas laborais fixeron aumentar moito a litixosidade neste campo e non é de recibo que un traballador teña que agardar dous anos por unha sentenza”, engadiu.

Villares puxo como exemplo do colapso xudicial os tempos de espera nos diferentes órganos. “En Lugo un traballador ten que agardar dous anos por unha sentenza e en Santiago unha cuestión tan relevante como unha incapacidade laboral está tardando tres e anos e medio en ser vista, como xa denunciou o Colexio de Avogacía”, concluiu.

Concentración contra a LOMCE
Trala xuntanza cos representantes sindicais da xustiza, o voceiro de En Marea trasladouse ata a Praza Horta do Seminario para participar da manifestación contra a LOMCE e as reválidas.

“EN Marea dende o primeiro momento aopoiamos estas mobilizacións, pois consideramos que é unha lei reaccionaria, centralizadora e desgaleguizadora e que pretende un sistema educativo baseado na competitividade e non na cooperación”, sinalou Luís Villares, que se amosou convencido de que a presión social conseguirá derrogar a lei.

Exit mobile version