Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea esixe o cumprimento da lexislación en materia de protección do Patrimonio histórico da Mariña lucense

luhjCervo, 29 de novembro de 2016.- O portavoz de En Marea, Luís Villares, mantivo un encontro este martes cos representantes de Mariña Patrimonio para coñecer de primeira man as problemáticas da zona. No encontro, Luís Villares, trasladou o compromiso do grupo parlamentario co patrimonio histórico de todo Galicia e máis concretamente co da Mariña lucense. Entre as denuncias formuladas por Mariña Patrimonio destaca o feito de que a delegación de Patrimonio non está a cumprir coa súa obriga en canto a catalogación de xacementos arqueolóxicos. Ademais salientaron o desleixo ante vulneración da lexislación en materia de protección de Patrimonio histórico .

O grupo parlamentario de En Marea levará ao Parlamento de Galicia diversas iniciativas nas que se preguntará por esta desleixo por parte de Patrimonio e cales son os motivos para que as denuncias non acaban coa sanción e reposición da legalidade.

Encontro aberto e participativo na Mariña lucense
O grupo parlamentario de En Marea participará así mesmo, nun encontro aberto e participativo a última hora da tarde no Concello de Xove no que se dará a coñecer En Marea ao tempo que se explicará a veciñanza como se poden implicar e participar de xeito activo con En Marea. O portavoz Luís Villares e a deputada Paula Vázquez Verao, escoitarán de primeira man as problemáticas da comarca para tentar dar resposta desde o Parlamento a través de iniciativas do grupo parlamentario. Así, as infraestruturas pendentes será un dos temas que se tratará na xuntanza tanto as que dependen da Xunta como do goberno do Estado. Infraestruturas ferroviaria e a conexión viaria na parte noroeste da Mariña e tamén conexión co norte de Portugal foron algunhas das cuestións destacadas polo portavoz Luís Villares e que trasladará aos veciños e veciñas da zona a quen trasladará a intención do grupo de En Marea de esixir un cambio de políticas en materia de infraestruturas para esta comarca.

Exit mobile version