Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia mantén unha reunión en Fomento para informarse do proceso de rehabilitación de dúas zonas do casco histórico de Mondoñedo

elena-madridMondoñedo, 15 de novembro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, vén de manter un encontro de traballo en Madrid co subdirector xeral de Arquitectura e Edificación, Javier Martin Ramiro, para informarse do procese de rehabilitación de dúas zonas do casco histórico de Mondoñedo, en virtude dun convenio asinado o pasado mes de xuño entre ambas as administracións.

Na xuntanza abordaron as obras da Rúa Lence Santar, cuxa adxudicación e posterior execución está prevista para o vindeiro mes de xaneiro. A alcaldesa e o responsable do departamento estatal de Arquitectura e Edificación dependente do Ministerio de Fomento abordaron ademais o avance doutros proxectos na localidade, como as obras no aparcadoiro da Igrexa Nova. A rexedora precisa que, a petición dos comerciantes, se evitou a execución dos traballos nos meses de verán.

Estas actuacións serán posibles en virtude dun convenio asinado o pasado mes de xuño entre o Concello de Mondoñedo e Ministerio de Fomento para levar a cabo actuacións de rehabilitación en dúas zonas do conxunto histórico da localidade, como son a Rúa Lence Santar e o acondicionamento da parcela para aparcamento da Travesía Casas Novas.

A primeira das intervencións
A intervención na Rúa Lence Santar consistirá en dotar varias rúas dunha pavimentación similar ao resto das que conforman o conxunto histórico da cidade. En concreto, colocarase lousa de granito e cuarcita a modo de chapacuña.

Ademais, na Rúa Peña de Francia marcarase cun pavimento distinto a aliñación orixinal da rúa, colocando nesta zona unha serie de arborado. Así mesmo, Candia avanzou que “se executará na zona unha nova rede de recollida de pluviais, abastecemento de auga e deixaranse previstas as canalizacións de telefonía, electricidade media e baixa tensión, ademais do alumeado público”.

Exit mobile version