O campo Viñas da Veiga de Mondoñedo acolle este domingo 27 de novembro ás 16.15 horas o derbi Mondoñedo FC (cuarto clasificado) – Escolas deportivas de Lourenzá (quinto clasificado), correspondente á xornada 13 de Segunda Autonómica, un partido que se podería considerar doutra categoría pola gran asistencia de público que adoita acudir a este encontro; xa que se espera que acudan ao estadio unhas 500 persoas. Dous pobos amigos envórcanse e asisten en masa para animar aos seus xogadores.
Nas dúas localidades leva falando deste partido varias semanas, por exemplo no instituto de Mondoñedo os rapaces das dúas localidades non paran de debater, que equipo é mellor ou cal vai ser o que leve a vitoria.
Para este partido o club mindoniense coa colaboración dos bares da cidade, pon en marcha a iniciativa de ofreecer un desconto do 10% nas consumicións se levas posta a camiseta ou bufanda do club local, cabe destacar que este fin de semana realízase na cidade episcopal o “X concurso de tapas” o que contribúe a que haxa un gran ambiente seareiro desde horas antes de comezar o partido.
Sorteárase no descanso do partido unha cesta de produtos da terra doada por “Hortas de Galicia”.
O club Moñedoñedo F.C anima a todo o mundo a que sexa participe desta gran festa do fútbol mariñán.