Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG Burela considera que “o Concello agrede o noso idioma”

O Galego é un idioma oficial, recoñecido e utilizado na administración. É ademá¡ais PATRIMONIO da Nosa Terra e un feito de identidade, diferenciador que enriquece a nosa cultura. Compre das administracións a súa defensa e a súa promoción, neste senso vimos observando que o Concello de Burela non esta a cumprir co noso idioma:

• Cartelería en prefecto e único castelán.
• Publicacións nos perfiles das RR.SS. en “neocastrapo”.
• Sinalización en castelán unicamente.

Esto último parecenos o máis grave, e para mostra, a sinalización da: “RUTA DEL LITORAL BURELES(SA-27-34) moi bonita e iliustrativa pero sen traza do galego. Chama máis a atención este feito cando nos concellos veciños, gobernados polo PP, a mesma sinalización está rotulada en castelán pero tamén en galego. Por elo dende CxG Burela solicitamos do equipo de goberno:

1. Revisión da sinalización e adecuación da mesma á normativa.

2. Potenciación do Galego en todas as canles do Concello.

Para CxG isto tamén é CULTURA, e demostra que a política activa en cultura é algo máis que ser un mero promotor de eventos, pagando. E a promoción turística vai máis alo de poñer cartaces e slogans.

Exit mobile version