A Aula Universitaria de Viveiro imparte o curso “Los ciudadanos ante las administraciones públicas: derechos y modo de proceder como interesados en un procedimiento administrativo”. A sesión presencial terá lugar o 2 de decembro na aula universitaria co profesor titular de dereito administrativo da USC D. Luis Míguez Macho. E o 9 haberá sesión grabada impartida en diferido. Os interesados e interesadas poden matricularse por 45 euros, 40 no caso de ser alumnado da UNED ou persoas desempregadas e 35 para as persoas con discapacidade. O boletín de inscrición pódese achegar, xunto ao xustificante de pago no número de conta 2080 5152 58 3040026385, á secretaría da UNED ou ao enderezo electrónico viveiro@lugo.uned.es. Tamén está dispoñible a inscrición on line a través de www.extensionuned.es.