Site icon Crónica3.com A Mariña

Coral Tempus Fugit de Viveiro, premio no Certame Coral “Villa de Avilés”

O Concello de Viveiro quere dar os parabéns á Coral Tempus Fugit de Viveiro polo primeiro premio do Certame Coral “Villa de Avilés” acadado a pasada fin de semana en terras asturianas, concretamente na localidade de Avilés, sumándose ademais o premio especial do público e o galardón “Axuntábense” á mellor interpretación dunha obra da súa rexión de orixe. Dende o Concello reiteran “a noraboa a esta xove agrupación coral creada o pasado ano e dirixida polo viveirense Javier Fajardo, que co premio conseguido por partida triple trae a Viveiro o recoñecemento cultural neste eido”.

Exit mobile version