Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso pide unha posición de país para abaratar a tarifa eléctrica

Santiago de Compostela, 29 de novembro. Compromiso por Galicia reclama unha xestión política que defenda ós cidadáns diante do interese empresarial das industrias eléctricas e que se teña en conta o papel do noso país como produtor. Non é de recibo que durante o mandato de Mariano Rajoy as subidas no recibo da luz quintuplicaran ao do IPC, co castigo que isto supón para as familias que necesitan dun ben de primeira necesidade.

Desde Compromiso esiximos á Xunta de Galicia que demande competencias na tarificación eléctrica, tanto para o consumo doméstico como industrial. Tamén o Partido Popular debería poñer en práctica o seu suposto galeguismo para reivindicar unha indemnización económica pola espoliación dos nosos recursos eléctricos nas últimas décadas.
Non se entende cun país con recursos sufra os altos custes da especulación e das estratexias capitalistas sen recibir nada a cambio.

Exit mobile version